Los Mundos de Lisi

Rollo Isla

Posted in Mundo Visual by emilioartesano on Agosto 23, 2009

pies

olas

Advertisements
Tagged with: ,

¿Qué é morriña?

Posted in Mi mundo by emilioartesano on Agosto 11, 2008

¿Qué é morriña?

Teño morriña, acostumo a decir. ¿qué é morriña? Pregúntanme os de eiquí. Morriña é… non sei, é algo difícil de definir e fácil de sentir.

Poderíamos definila morriña coma un sentimento melancólico, o recordo dunha alegría ausente, a “añoranza”

¿Qué é morriña?

E difícil expresar con palabras a quen non sabe qué é a morriña.

E un sentimento que se produce nun galego que se atopa lonxe da súa terra, que añora, que extraña

Que qué é morriña?

Morriña é o que sinto cando na praia o mar non ten olor de mar

Morriña é o que sinto cando os domingos non estou coa familia, comendo o cocido no inverno, as filloas e ourellas no entroido, o churrasco no verán

Morriña é o que sinto cando pola rua non coñezo a ninguén, e ninguén me coñece a min

Morriña é o que sinto cando a excesiva calor faime botar de menos a choiva do verán

Morriña é o que sinto cando estou lonxe de ti.

** en breve estou ahí 😉